GALICIA TIC
Presentación
PROGRAMA
Programa
Inscrición
EDICIÓNS ANTERIORES
Galicia Tic 2009
Galicia Tic 2008
Galicia Tic 2007
Galicia Tic 2006
Galicia Tic 2005
Galicia Tic 2004
Galicia Tic 2003
CONTACTO


 

 



EDICIÓNS ANTERIORES Galicia Tic 2004
Galicia Tic 2004
GALICIATIC nace co fin de constituír o foro de referencia sobre tecnoloxías da información e comunicacións en Galicia, e as súas aplicacións no mundo da empresa.

GALICIATIC estrutúrase como un congreso baseándose en conferencias plenarias a cargo de relatores de relevancia internacional, paneis temáticos liderados por empresas significativas do sector, e debates sobre os temas relacionados de máis actualidade, ademais de encontros sectoriais entre os denominados sectores tradicionais e "clusters" empresariais, cada vez con máis protagonismo no ámbito económico e social da nosa C.A. Ademais e para facilitar o encontro entre provedores e demandantes das TIC, Galiciatic dispón adicionalmente dunha área de exposición con 1.300 m2 de capacidade no Pazo de Exposicións e Congresos de Santiago de Compostela. Esta situación, en razón da mellor comunicación e situación central da Capital de Galicia, facilitará a asistencia dende todos os puntos de Comunidade Autónoma.

GALICIATIC ten un carácter marcadamente profesional e empresarial, en especial orientado ás Pymes galegas, xa sexa xeradoras ou consumidoras das TIC. As pautas estratéxicas responden aos obxectivos seguintes:

. Realización dun certame congresual sobre as TIC, e con posibilidade de exposición limitada de deseño estandar
. Co financiamento mixto público/privada, mediante achega das institucións promotoras e empresas (patrocinios)
. Colaboración de institucións empresariais e profesionais galegas como EGANET ou FEGADAI e outras de ámbito nacional como SEDISI; aproveitando experiencias e colaboración directa como a do Internet Global Congress (IGC), iniciativa da Fundación Barcelona Digital, de forma que se poida contar con figuras internacionais de recoñecido prestixio en Galiciatic
. Implicación das empresas galegas a través das súas Asociacións e Cámaras de Comercio
. Implicación das Universidades a través de FEUGA e outros órganos de intermediación (OTRIS, Fundacións, Institutos Tecnológicos....)
. Realización dunha ampla campaña de difusión e promoción que da coñecer as principais características do evento.

Pode descargar o programa no seguinte link.

DESCARGAR

 


   
  COLABORADORES
IBM SAP Stratebi
  PATROCINADORES
Caixanova SIVSA Insa Oracle Imatia Emetel Televés Tecnocom Edisa