GALICIA TIC
Presentación
PROGRAMA
Programa
Inscrición
EDICIÓNS ANTERIORES
Galicia Tic 2008
Galicia Tic 2007
Galicia Tic 2006
Galicia Tic 2005
Galicia Tic 2004
Galicia Tic 2003
CONTACTO

 



GALICIA TIC Presentación

As TIC e o reto da competitividade
Benvidos a Galiciatic 2009.

O próximo 8 de outubro no Centro Social Caixanova de Vigo, celebraremos a VII edición de Galiciatic, que dende o ano 2003 constitúe a principal cita anual en Galicia no mundo profesional e a empresa do sector TIC.

O "reto da competitividade" fundaméntase en gran parte no rendemento das organizacións, seu análisis e a xestión eficiente dos procesos de negocio. En tempos complexos como os que vivimos, as organizacións deben mobilizar e rendibilizar todos os seus recursos dispoñibles, e aplicalos do xeito máis eficiente ao logro dos seus obxectivos. A xornada que presentamos daranos importantes claves para a xestión do rendemento corporativo, a través do desenvolvemento de conferencias e paneis temáticos nos que se darán a coñecer novos conceptos, ferramentas e casos de éxito no devandito campo.

Contamos nesta edición, cunha presenza activa da Xunta de Galicia, que como organización pública e social, xestiona de xeito eficaz algún dos seus máis importantes servizos, como é o de saúde, a través de aplicacións de seguimento e xestión. Conferenciantes de recoñecido prestixio, introducirannos nos últimos avances e logros na materia, así como nas tendencias futuras de Business Intelligence como clave para unha mellor xestión do rendemento asociada ás múltiples dimensións dunha organización e os seus procesos de negocio.

A través de 2 paneis de experiencias prácticas e casos de éxito presentados polos propios usuarios e posterior debate, tratarase de como se utiliza a información para a xestión do rendemento nas organizacións, e de como optimizar a implantación e o uso de ferramentas BPM e BI/CPM en distintos modelos de negocio.

Como complemento, Galiciatic ofrece la posibilidad de experimentar el desarrollo de una plataforma BI y BPM a través de 2 talleres para un número limitado de profesionales.

Por todo isto, recoméndovos que poñades na vosa axenda esta importante cita.

Miguel Merino, director de Galiciatic.


 


   
  PATROCINADORES
Insa SAP Oracle QlikView Imatia Tecnocom Televés Saec Data Edisa Auren Emetel Coremain