O sector tecnolóxico reúnese mañá na Cidade da Cultura nunha 21ª edición do GaliciaTIC que porá o foco no crecemento e na captación de talento dixital


GaliciaTIC, o foro de referencia para o sector tecnolóxico galego organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO), celebrará en Santiago mañá xoves a súa 21ª edición. Este ano, baixo o lema Impulsar o crecemento e o talento dixital en Galicia, o foro reunirá no edificio CINC do complexo do Gaiás a máis de 300 asistentes ao redor dun programa que inclúe conferencias, debates, grupos de traballo temáticos, webinars e networking

GaliciaTIC, ademais, organizara por segundo ano consecutivo e tras o éxito colleitado en 2022 a súa Feira de Emprego. Trátase dun programa específico que ten como obxectivo a captación de talento po parte das empresas do sector entre o alumnado de universidades, escolas de negocios e FP.

Participarán 16 empresas das TIC (Imatia Innovation, Optare Solutions, Edisa, Ednon, Nunegal Consulting, Grupo GBTEC, Minsait, Balidea, Marine Instruments, Gdoce, Appentra Solutions, Cloud Factory, Grupo Tesalia, Clarcat Cantábrico, Inetum y el Instituto Tecnolóxico de Galicia) e asistirán máis de 200 estudantes. As empresas ofrecerán charlas e terán stands todo o día.  

Apertura e Intelixencia Artificial

O Auditorio 177 do Edificio Cinc acollerá ás 9.30 horas o debate inaugural. Baixo o lema do Crecemento e o talento dixital en Galicia: Retos e tendencias de futuro para o Sector TIC, o encontro reunirá a Miguel Rodríguez, director da Área Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega); Lourdes Guerra, presidenta de INEO; Carlos Suárez, director de Edisa, Fernando Vázquez, CEO de Imatia e a Miguel Merino, director de GaliciaTIC, que será o moderador.

Xa ás 10.00 horas, terá lugar no mesmo recinto a conferencia inaugural que, este ano, tratará sobre o Impacto da Intelixencia Artificial nas organizacións. Correrá a cargo de Francisco de los Santos, da consultora tecnolóxica Gartner.

Mesas temáticas e grupos de traballo

Ao longo da xornada, sucederanse diversas mesas temáticas no auditorio 177 do Edificio Cinc para abordar asuntos como o 5G e os novos servizos dixitais, o impacto das TIC nas operacións loxísticas industriais ou a intelixencia artificial xenerativa.

 

Ás 13.00 horas celebrarase a exposición xeral das conclusións de cara ao futuro acadadas polos grupos de traballo impulsados por GaliciaTIC e que levan semanas analizando os retos do sector desde tres grandes áreas temáticas: Intelixencia artificial (panel encabezado pola presidenta de INEO, Lourdes Guerra Fornos); Internacionalización (grupo liderado polo director de marketing de Quobis, Iago Soto) e o emprendemento/StarUp (encabezado por Óscar de Miguel Bandín, da Asociación Startup Galicia).

 

Webinar

GaliciaTIC organizará dous webinar. O primeiro, ofrecido por Celia García, de Leyton, versará sobre os incentivos fiscais na innovación e no desenvolvemento TIC. O segundo centrarase no programa do Kit Digital e os servizos que ofrece a Oficina Acelera Pyme de INEO para impulsar a transformación dixital.  

 

 

Sobre INEO

A Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia é a patronal do sector das tecnoloxías da información, comunicación e electrónica en Galicia (Teic). Está conformada por máis de medio cento de empresas e é a entidade encargada de velar polos dereitos e intereses do sector.

 

INEO, para la organización del GaliciaTIC, conta este ano co apoio da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), e tamén de entidades como Edisa, Imatia, Orange, Leyton, Appentra, Balidea, Clarcat, Cuatroochenta, Conpas, Ednon, GBTEC, Gdoce, Inetum, el Instituto Tecnológico de Galicia, Marine Instruments, Minsait, Nunegal y Optare Solutions. Tamén colaboran Ayco, Gartner, la Oficina Acelera Pyme de INEO, Oracle, Quobis e a Asociación Startup Galicia. 

Volver