GaliciaTIC centra a súa apertura na capacitación dixital do mercado laboral e en definir a Intelixencia Artificial como “amplificador complementario” das habilidades humanas


O debate de apertura, moderado por Miguel Merino, abordou os desafíos do sector da man de Lourdes Guerra Fornos (Ineo), Miguel Rodríguez Quelle (Amtega), Carlos Suárez (Edisa) e Fernando Vázquez Núñez (Imatia). Francisco De los Santos, da consultora Gartner, analizou na conferencia inaugural a situación, as expectativas e mais o futuro da Intelixencia Artificial

GaliciaTIC, o foro de referencia para o sector tecnolóxico galego organizado pola Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO), celebra este xoves a súa 21ª edición no edificio Cinc da Cidade da Cultura. Máis de 300 persoas acreditáronse ao foro, que neste 2023 repite por segundo ano consecutivo coa organización dunha Feira de Emprego, na que 16 empresas tecnolóxicas buscan captar talento de cara ao futuro entre os máis de 200 estudantes das universidades, de Formación Profesional e escoas de negocios inscritos.

O extenso programa de GaliciaTIC, que concentra nunha xornada mesas temáticas, grupos de traballo, webinars e networking, arrincou cun debate inaugural moderado por Miguel Merino, director de GaliciaTIC. Neste acto participaron Miguel Rodríguez, director da Área Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega); Lourdes Guerra, presidenta de INEO; Carlos Suárez, director de Edisa, e Fernando Vázquez, CEO de Imatia. Os retos de futuro das tecnolóxicas, a situación do mercado laboral e a transición dixital foron os eixos tratados.

“A transformación dixital non ten fin, é un traballo constante e permanente que tivo y terá sucesivas fases. Ademais, inclúe moitísimos paradigmas, desde a intelixencia artificial ata a captación tecnolóxica”; reflexionou Rodríguez Quelle, director de Área Sociedade Dixital de Amtega.

Carlos Suárez, director de EDISA, puxo o foco no mercado laboral tecnolóxico, sinalando que na actualidade a captación de talento é un ámbito moi competitivo e global. Ademais, referiuse á importancia de que as administracións lexislen para fomentar a transformación. “Non chega con subvencións e recomendacións, debe lexislar para encamiñar cada paso da dixitalización. A Administración é un motor enorme para a dixitalización”, concluíu.

Pola súa banda, Fernando Vázquez, CEO de Imatia, puxo o foco nos “retos” que ten por diante o sistema educativo formal, así como “a evolución demográfica”, dous elementos para ter moi en conta á hora de fomentar a formación desde as empresas para incrementar a capacitación dos seus cadros de persoais.

Finalmente, a presidenta de INEO, Lourdes Guerra, reflexionou sobre dúas cuestións: a necesidade de adaptación das empresas, que deben ser conscientes da evolución tecnolóxica e prepararse constantemente para o que está por vir, e a unha inminente incorporación masiva da muller ás TIC que revolucionará o sector, así como a súa competitividade e as súas liñas de traballo.

Presente e futuro da Intelixencia Artificial

La conferencia inaugural de este 21º GaliciaTIC correu a cargo de Francisco De los Santos, executivo da consultora internacional Gartner. Na súa intervención, De los Santos explicou que ferramentas de intelixencia artificial xenerativa como ChatGPT só son unha peza máis do “gran quebracabezas” que significa esta tecnoloxía que terá no futuro inmediato impactos revolucionarios en todo tipo de organizacións, empresas e institucións.

 

“Actualmente, hai un 60% de organizacións que a nivel global se están a aproximar a estas novas ferramentas, mentres que un 30% comeza a usar as súas aplicación, pero tan só un 10% inviste no seu desenvolvemento”, engadiu o representante de Gartner, antes de indicar que a Intelixencia Artificial é só unha ferramenta máis. “Temos que ver a Intelixencia artificial xenerativa como un amplificador complementario das habilidades humanas”, concluíu.

 

Grupos de traballo  

A actividade da mañá completouse coa exposición pública dos grupos de traballo que GaliciaTIC convocou nas últimas semanas para abordar, desde tres grandes áreas temáticas, os retos do futuro inmediato do sector. Os ámbitos analizados son: a Intelixencia artificial (panel encabezado pola presidenta de INEO, Lourdes Guerra Fornos); Internacionalización (grupo liderado polo director de marketing de Quobis, Iago Soto) e o emprendimiento/StarUp (encabezado por Óscar de Miguel Bandín, da Asociación Startup Galicia).

No resto de la mañana, sucedéronse tamén mesas temáticas sobre cuestións como o impacto das TIC nos procesos loxísticos da industria, os novos servizos que se derivan del 5G ou o novo paradigma que supón para as empresas a irrupción da intelixencia artificial no seu día a día.

 

Webinar e Feira de emprego

Pola tarde, GaliciaTIC organizará dous webinar. O primeiro, ofrecido por Celia García, de Leyton, versará sobre os incentivos fiscais na innovación e no desenvolvemento TIC. O segundo centrarase no programa do Kit Digital e os servizos que ofrece a Oficina Acelera Pyme de INEO para impulsar a transformación dixital.  

 

Tamén pola tarde celebrarase o groso de ponencias da Feira de Emprego, durante a cal diferentes representantes das empresas presentes cun stand informativo analizarán asuntos como consellos prácticos para o desenvolvemento profesional no sector TIC, principais perfís tecnolóxicos ou a simbiose existente entre talento e tecnoloxía

Sobre Ineo

La Asociación de Empresas de Tecnología de Galicia es la patronal del sector de las tecnologías de la información, comunicación y electrónica en Galicia (Teic). Está conformada por más de medio centenar de empresas y es la entidad encargada de velar por los derechos e intereses del sector. 

INEO, para la organización del GaliciaTIC, cuenta este año con el apoyo de la Xunta de Galicia, a través del Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) y de la Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), y también de entidades como Edisa, Imatia, Orange, Leyton, Appentra, Balidea, Clarcat, Cuatroochenta, Conpas, Ednon, GBTEC, Gdoce, Inetum, el Instituto Tecnológico de Galicia, Marine Instruments, Minsait, Nunegal y Optare Solutions. Asimismo, colaboran Ayco, Gartner, la Oficina Acelera Pyme de INEO, Oracle, Quobis y la Asociación Startup Galicia

Volver